27/3/12

Recursos Pascua

Para informarnos, visitade estas webs:







Tarxetas de Pascua:


Manualidades:





Para pintar:



Para xogar:






E tamén en película:

25/3/12

Os nosos personaxes favoritos: Oksa Pollock




OKSA POLLOCK: UNHA NENA MISTERIOSA
Filla de Pavel e Marie Pollock. Ela tiña que marcharse a Londres, pero quería quedar en París, o seu fogar. Non quería irse porque o seu mellor amigo, chamado Gus, non viña con ela. Non quería mudarse e cando chegou a Londres toda a súa vida cambiou.
Familia: A súa avoa chamada Dragomira, o seu pai chamado Pavel, e a súa nai Marie.
Amigos: O seu mellor amigo Gus e o enigmático Tagdal.
PAOLA GARCÍA




Se queredes máis información sobre este personaxe, visitade estes enlaces:


O reto: A Lúa

Recordades o último reto? No cartel da película E.T. O extraterrestre aparecía a bicicleta de Elliot e E.T. diante da imaxe da Lúa. Pero non foi en bicicleta como chegou o 1º astronauta á Lúa, e iso era o que preguntábamos: como se chamaban os astronautas, como se chamaba a nave e en que data se conseguiu chegar á Lúa por primeira vez.
A resposta dímola en clase o venres pasado. Julio, Brais L., Roque, Valeria, Ángela, Brais P., Ainoa, Andrea e Isaac averiguaron que a primeira aluaxe fíxose o 20 de xullo de 1969 na misión Apolo XI, tripulada por tres astronautas: N. Armstrong, E. Aldrin e M. Collins (os dous primeiros foron os que pisaron a Lúa)



Se queredes máis información, visitade a nosa páxina:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/p/os-retos.html 

Ou tamén tedes información no blog de Roque:
http://ouniversoderoque.blogspot.com.es/ 


Cando os astronautas chegaron a Lúa retransmitiron unha mensaxe: Houston, aquí base Tranquilidade, a Aguia xa aluou. Pero a frase que máis nos soa, a máis coñecida é: Houston, temos un problema.
Pois este será o noso seguinte reto, averiguar cando se pronunciou esta frase. Veña, a investigar!

Que é? Onde está?

Cada vez máis participantes, e todos acertaron. Paola, Valeria, Isaac, Rafa, Dani, Andrea, Ainoa e Brais P. localizaron ben a foto, pero David, Darío, Roque, Julio, Ángela, Gaby e Brais L. foron máis precisos e deron o nome do lugar: A Praza das Pontes.




E aquí tedes a nova foto. Creo que esta vez será un pouco máis difícil. Que é e onde está tomada? Intentade ser máis precisos nas vosas respostas.


19/3/12

Preparando o día do pai

O pasado martes na clase de plástica estivemos facendo, coa nosa profe Noelia, unha postal coa técnica origami para celebrar o día do pai. Quedaron moi chulas!



18/3/12

Que é? Onde está?

A foto desta semana foi algo máis difícil, pero por fin xa temos acertantes: David, Dani, Gaby e Julio averiguaron que se trataba da Fonte do Cabalo, unha foto cunha escultura de Santiago a cabalo e que está situada na Rúa Real, preto da Igrexa.


E agora a ver se sabedes o que é e onde está tomada a foto seguinte:


Esperamos a vosa participación!

Os retos

O pasado venres desvelamos o resultado do terceiro reto.
Se recordades, a partir dunha imaxe do cadro de Miguel Ángel A creación de Adán, preguntábamos que película de Steven Spielberg se inspirou nesta imaxe para crear o seu cartel.
Moitos se esforzaron e buscaron información: Isaac, Paola, Gaby, Valeria, Roque, Ainoa, Andrea e ÁngelaI  averiguaron que se trataba da película E.T. O extraterrestre, estrenada no ano 1982.


A escena máis famosa da película é unha na que se ve a Elliot, o protagonista, escapando con E.T. voando na súa bicicleta, e o momento máis recordado cando pasaban diante da Lúa.


Pois ben, o 4º reto ten que ver co noso satélite. Tedes que averiguar a data exacta na que o 1º astronauta pisou a Lúa, o nome dese astronauta e o nome da nave na que viaxaron ata alí.
O próximo venres daremos a solución en clase.
Se queredes máis información sobre os retos, visitade a nosa páxina:

15/3/12

Biblioteca

Xa temos dous novos diplomas da Biblioteca Escolar: Rafa conseguiu o seu primeiro diploma e Isaac xa vai polo terceiro. Noraboa aos dous!



Ademais, as mochilas viaxeiras seguen o seu percorrido polas nosas casas. Esta semana marchan para a casas de Ainoa e Brais Lagoa, e veñen de visitar as de Ángela, Paola, David e Rafa.




Se queredes coñecer as nosas opinións sobre os contidos das mochilas, visitade a nosa páxina dedicada aos diarios das mochilas:

14/3/12

Aprendemos xogando

Hoxe comezamos o primeiro enfrontamento de equipos na actividade Aprendemos xogando. Competiron dous equipos de 4ºB: Iván Pazó, Brais Pérez e Roque contra Darío, Isaac e David.
Este curso a participación consistiu en dúas rondas de 4 definicións cada unha. O profe Emilio daba catro definicións que tiñan que anotar nunha pizarra, iso si, correctamente escritas.
Ao fimal gañou o equipo de Darío, Isaac e David por catro puntos a seis. Pero todos foron uns bos concursantes. Noraboa!






12/3/12

Cangas no pasado


Novas fotos no álbum Cangas no Pasado.
As familias de Gabriela e Darío aportaron novas fotos para este álbum da memoria de Cangas que imos facendo entre todos.
Premede na imaxe e poderedes ver todas as fotos do álbum
Moitas grazas pola vosa aportación.

Recursos día do pai

Para saber cousas sobre o día do pai:





Para facer moitas manualidades:





Para colorear:


11/3/12

Os retos dos venres

A partir dunha escultura  aparecida no libro de C. do Medio, iniciamos unha actividade de busca de información en forma de encadeado.
 Averiguamos que o 1º reto era a escultura A Piedade de Miguel Ángel, e que está no Vaticano. Julio, Isaac, Ángela, Ainoa e Andrea buscaron e trouxeron a información.


O segundo reto foi averiguar a obra máis importante de Miguel Ángel que se atopa tamén no Vaticano. A resposta a aportaron Ainoa, Andrea, Isaac, Roque, Brais Lagoa e Ángela. Trátase das pinturas do teito da Capela Sixtina.


E a súa obra máis famosa, A creación de Adán:


A partir de aí, xa temos o 3º reto: O director de cine Steven Spielberg inspirouse nun detalle desta pintura para facer o cartel dunha famosa película súa. Sabedes de que película se tarta? De que ano é? Como era ese cartel?


A resposta a daremos o próximo venres. Ide investigando!

Se queredes máis información e enlaces sobre os temas dados nos retos, visitade a nosa páxina:
http://ascousasdaclase.blogspot.com/p/os-retos.html

Blog de recursos. Matemáticas. Fraccións


Visita o noso blog de recursos de Matemáticas e practica coas fraccións.

Cangas. Massó

Na clase de Atención Educativa rematamos o mural  sobre a Fábrica e arredores de Massó, e o fixemos coa información que trouxo Gabriela á clase.




Que é? Onde está?

Record de acertantes da última foto de Cangas. Efectivamente, era o balcón do Concello de Cangas.Os que responderon correctamente: Brais Lagoa, Ángela, Julio, Dani, Valeria, Ainoa, Andrea, Isaac, Paola, David, Gabriela, Brais Pérez, Darío e a súa nai.




E agora, o seguinte reto fotográfico. Que é e onde está tomada esta foto? É un pouco máis difícil, pero non é moi complicado. Ánimo e participade!


8/3/12

Concerto musical no Rincón de Buli


Hoxe os alumnos de 4ºB volvimos participar na actividade da Biblioteca O Rincón de Buli, cun concerto musical. Darío e Brais Lagoa tocaron varias obras cos seus instrumentos: un violín e unha guitarra.
Están feitos uns artistas!





4/3/12

Minerais

Nas clases de Coñecemento do Medio estamos traballando os Minerais. Decidimos preparar un día para mostrar as nosas coleccións de minerais. Iván V. trouxo unha fermosa colección, propiedade do seu tío, cuns exemplares moi vistosos. Tamén aportaron os seus minerais Gabriela, Brais P., David, Isaac e Ainoa. Foi moi interesante.



Dentro das propiedades dos minerais estudiamos o Magnetismo. Roque trouxo un xogo de imáns moi interesante e entretido. Parece cousa de maxia!






Se queredes máis información sobre este tema, visitade o noso blog de recursos de C. do Medio:
http://ascousasdaclaserecursoscm.blogspot.com/2012/03/rochas-e-minerais.html

Que é? Onde está?


Todo un éxito de participación e un montón de acertantes: Julio, Isaac, Iván P., Roque, Brais P., Ainoa, Saray, Valeria, Paola, Andrea, Dani, Rafa e Brais L. Efectivamente, é unha fonte que está no Eirado do Señal, en fronte do supermercado Eroski.
Recordade que hai que identificar ben o lugar onde se atopa.

Pois agora tedes un novo reto para esta semana. Que é e onde foi tomada esta fotografía? Eu creo que é moi fácil.