Queredes saber como eran os anuncios publicitarios nas teles de hai 50 anos? Por suposto, en branco e negro.
29/9/13
O xogo dos logos 2
Xa temos gañadores da primeira parte do xogo dos logos: Víctor, David, Anxo e Hugo E. acertaron os nomes dos tres logos, e Nahuel e Yazmina acertaron dous.
Os logotipos eran:
1º: WINDOWS
2º: UNICEF
3º: FERRARI
Noraboa a todos!
Agora vos deixamos tres logos máis para que rompades un pouco a cabeza:
Os logotipos eran:
1º: WINDOWS
2º: UNICEF
3º: FERRARI
Noraboa a todos!
Agora vos deixamos tres logos máis para que rompades un pouco a cabeza:
23/9/13
Recursos C. do Medio: os alimentos
Un montón de recursos e actividades sobre os alimentos no noso blog de recursos de C. do Medio:
E se queres revisar o teu vocabulario en galego, visita o noso blog de recursos de Lingua:
22/9/13
O xogo dos logos
Un logo ou logotipo é un elemento gráfico polo que distinguimos e identificamos unha marca.
Hai logos que inclúen o mome da marca, polo que é moi fácil identificalos, por exemplo o de Google:
Xa sabedes que a forma de participar é escribir un comentario nesta entrada deixando a solución e o voso nome.
Esperamos as vosas respostas!
Hai logos que inclúen o mome da marca, polo que é moi fácil identificalos, por exemplo o de Google:
Outros son debuxos ou gráficos, polo que temos que facer un pequeno esforzo de asociación.
Propoñemos un xogo para averiguar a que marcas ou entidades corresponden cada un destes logotipos. Cada semana iremos poñendo tres logos diferentes e deberedes averiguar que é o que representan. Podedes pedir axuda na casa, pero teredes que adiviñar os nomes dos tres.
Aquí tedes os tres primeiros:
Xa sabedes que a forma de participar é escribir un comentario nesta entrada deixando a solución e o voso nome.
Esperamos as vosas respostas!
19/9/13
16/9/13
Empezamos!
Pois xa estamos aquí de novo, preparados para un novo curso. Aínda que as clases as empezamos o mércores pasado foi hoxe cando por fin chegaron todos.
Este ano temos un compañeiro novo, que se chama Fran. Espero que o pase ben con nós.
Temos poucas novidades con respecto ao curso pasado: a mesma aula, os mesmos profes... e o mesmo blog, aínda que lle cambiamos un pouco a cara cunha nova plantilla.
O que si cambiamos é o proxecto que imos traballar durante este ano, a publicidade. Imos aprender moitas cousas sobre este tema.
Para que vaiades abrindo boca, aquí tedes un divertidísimo anuncio xaponés para promover o consumo de verduras nun supermercado. Quen dixo que comer verduras non mola?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)