24/5/14

Brancaneves

Brancaneves é un conto tradicional coñecido en todo o mundo. A versión máis coñecida é a dos irmáns Grimm.
Deste conto téñense feito moitas versións para o cine. A máis famosa, a de Disney, unha película de animación do ano 1937. A primeira longametraxe de Disney!
Para que vos vaiades empapando do espírito de Brancaneves, aquí vos deixamos os trailers de tres películas e unha serie baseadas neste conto.





19/5/14

Preparando o festival: música

Xa comezamos a preparar a nosa actividade para o festival. Imos representar un conto clásico: Brancaneves, mesturado con números musicais con música de Mecano.
Para que vos vaiades facendo co ritmo, aquí están os vídeos das catro cancións que imos utilizar e que estamos preparando coa nosa profe de música, Paz.


Letras Galegas

O pasado sábado 17 de maio celebrouse na nosa Comunidade o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé Mª Díaz Castro.
Para traballar a este escritor aproveitamos a información que había nos carteis colocados no patio e saímos a facer unha ficha sobre a súa vida e os seus poemas. Alí tamén coincidimos cos alumnos de 2º.


Letras Galegas 2014 - Movie Maker

Se queredes máis información, visitade o noso blog da Biblioteca:

11/5/14

Ciclismo

O venres tivemos unha charla sobre bicicletas. Nos falaron sobre as normas de circulación en bici, das probas de competición, de ciclistas famosos... e vimos un vídeo sobre a volta a españa junior.
Logo, na hora de Ed. Física, practicamos un pouco coas bicis.. iso si, co casco ben posto.

6/5/14

Un anuncio moi gracioso: Baby & me

Un gracioso anuncio da marca de auga Evian:

Xogando cos slogans 3

Pois só dous gañadores para o xogo dos slogans: Alba G. e Anxo deron as solucións correctas:

1º: Se derrite en tu boca, no en tus manos.... M&M´S


2ª: El algodón no engaña: TENN


3º: Just do it: NIKE


E a ver se se anima alguén máis e nos da resposta a que marca corresponden estes slogans:

1º: ¿Te gusta conducir?
2º: Siguen, y siguen, y siguen...
3º: Ni gota, ni gota.

E recordade que tamén podedes participar todos dende casa. 


5/5/14

Día do libro

O pasado 23 de abril foi o Día do Libro e a Biblioteca preparou como todos os anos unha actividade que nos gusta moito: o apadriñamento lector. Nós o celebramos o venres 25, pois a Biblio estivo algúns días pechada por reformas.
E estas son as fotos cos nosos afillados: