30/6/19

Despedida



Durante tres anos vivimos cantidade de vivencias facendo un camiño que remata agora.
Síntome un afortunado vendo a vosa evolución durante este tempo, convencido, non só de que tedes máis coñecementos, senón  de que sodes mellores persoas.
Desfrutade e vivide con intensidade esta nova etapa que comezades. Deséxovos, de corazón, que vos vaia todo ben.
                                                                                     
Cibrán 



Este curso foi moi especial para vós e para min. 
Para vós porque xa rematades a primaria, despois de nove anos xuntos no cole, para comezar unha etapa nova, seguramente entre a ilusión e a inseguridade do que vai vir.
E para min por despedirme dunha profesión á que xa levo dedicada unha vida enteira e que tantas satisfaccións me aportou.
Foi un gusto e un privilexio poder compartir con vós este o noso último curso.
Moitas grazas a todos.
  
  Geni

Exp. oral: Juana de Arco (Javi e Darwin)

Javi e Darwin prepararon unha exposición oral sobre a figura de Juana de Arco.

Gústanos ler: Marta, Sami, Leo e Antía 6ºA





23/6/19

Exp. oral: Marie Curie (Claudia e Hugo)


Claudia e Hugo prepararon a súa exposición oral sobre Marie Curie.

Visita alumnos IES Rodeira




O pasado día 22 de maio nos visitaron no noso centro tres alumnos do IES de Rodeira. Javi, Noa e Ari, ex-alumnos do CEIP Castrillón e que agora están en 1º da ESO, déronnos unha charla para explicarnos como funciona o Instituto e cales son as cousas máis importantes que imos atoparnos alí.


E ao cabo duns días nós visitamos o IES para coñecer as súas instalacións.


Gústanos ler: Antía e Naia 6ºA



Título: Mago por correspondencia
Autor: Joles Sennell
Ilustrador: Xan López Domínguez
Colección: Sopa de libros
Editorial: Xerais

ANTÍA 6ºA



Título: Harry Potter y el prisionero de Azkabán
Autora: J. K. Rowling
Colección: Harry Potter
Editorial: Salamandra

NAIA 6ºA

Allariz (6)

Viaxe pola UE: Italia (Naia . 6ºA)

22/6/19