As avespas velutinas

A Asociación de Apicultores, DAGA Morrazo, deu unhas charlas no colexio para concienciarnos da importancia de loitar contra as avespas velutinas. 
Estes insectos pertencen a unha raza de avespas invasoras procedentes de Asia. Modifican os nosos ecosistemas e atacan as abellas, que teñen moita importancia na polinización das plantas. 
É moi importante eliminar os seus niños e acabar con elas. Por iso ensináronnos a facer unhas sinxelas trampas con dúas botellas de plástico.



Só temos que encher as botellas cun preparado (feito a base de viño branco, cervexa negra, zume de arándanos e azucre) e colgalas,  orientadas á saída do sol, nalgunha planta ou árbore frecuentada por estas avespas, e esperar a ver se atrapamos algunhas.

0 comentarios:

Publicar un comentario