16/3/17

Lecturas 5º: As flores radioactivas - Iván 5ºA


Título: As flores radioactivas
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Miguelanxo Prado
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Esta historia ocorre en Pontebranca, na cidade onde vive Alba. O lugar onde máis se centran é na chamada Fosa Atlántica, cerca de Fisterra.
O personaxe que máis me gustou foi Alba, a protagonista. Gustoume tanto porque era moi responsable e ademais diso tamén era moi valente para a súa idade. Encantoume ademais porque lévase ben con case todos!
Este libro encantoume porque ademais de pasar en Pontevedra é moi educativo porque fala dunha aventura bastante perigosa por culpa de botar resíduos nucleares ao mar e contaminalo. A miña parte preferida é cando descubren que as flores teñen un cheiro que converte a todos en pacifistas e se dan conta que fixeron moito dano ao mar.
Pareceume un pouco raro o final, porque pensan que ser pacifistas, intentar ter menos guerras e non interesarse pola violencia é malo. Eu loitaría tanto como Alba e cada vez, pouquiño a pouquiño, o mundo estaría máis limpo.
IVÁN 5ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario