Naceu en Soutelo de Montes en 1930. Comezou traballar na construción e emigrou a Cataluña. Alí coñeceu a Julio Pallí que lle ensinou o oficio da fotografía.
En 1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudio fotográfico no seu pobo, dese modo tivo ocasión de retratar a moitos dos seus veciños.
As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en actos sociais como comuñóns, ou bautizos, pero tamén en actividades cotiás. Con relación a súa técnica, a maioría das súas fotos son en branco e negro aínda que nos anos setenta realizou algunha en color.
Actualmente hai unha exposición das súas fotos no museo MARCO de Vigo.
Faleceu na súa vila o 15 de xullo de 2008.
No mes de decembro visitamos o museo do Marco e estivemos vendo a exposición de fotografías de Virxilio. Gustounos moito, e decidimos seguir traballando coas súas fotos na aula.
http://www.marcovigo.com/content/virxilio-vieitez
En clase estivemos comentando as que máis nos gustaban e contando aquelas cousas que máis nos chamaron a atención. logo fixemos un traballo: "As nosas fotos favoritas".
Open publication - Free publishing - More marco
Para rematar, escollimos algunhas fotos para facer as nosas propias versións. Pensamos que nos quedaron igualiñas que as de Virxilio.
Para rematar, escollimos algunhas fotos para facer as nosas propias versións. Pensamos que nos quedaron igualiñas que as de Virxilio.
O certo é que foi unha bonita reportaxe dunha persoa que se fixo a si mesmo, dunha persoa que foi o que quiso ser... un captuardor de lembranzas.
ResponderEliminar