O libro é moi gracioso e interesante porque os debuxos eran moi raros, sobre todo os irmáns Trabada e o lobishome inverso. Eu creo que Anxo nos ensina que da igual como sexamos, que podemos convivir todos xuntos. A miña parte favorita foi cando rescataron á señora María, porque todos colaboraron.
Ángela
Ángela
O libro era moi bonito porque me gustan os monstros. O monstro que máis me gustou foi Invi, porque era invisible. A parte que máis me gustou foi cando chegou Invi, porque era de risa. O libro quería ensinarnos que todos somos iguais.
David
A monstroescola gustoume porque os debuxos eran graciosos e bonitos. O meu personaxe favorito é Invi, porque eu quero ser invisible. A miña parte favorita é cando os pais de Invi ían coas cousas por aí voando.
Rafa
A min gustoume moito porque era divertido e gracioso. Gustoume Invi porque era moi gracioso. A miña parte favorita era cando veu o inspector, porque Invi ía moi gracioso co gorro. Neste libro aprendín que as persoas e os monstros poden vivir xuntos.
Ainoa
O conto gustoume moito porque chegaron monstros, que son: o monstro do armario Peque, o lobishome inverso Lupo, Invi, Nefertina e Cacho. Gustoume Invi, é invisible, e Nefertina, que é chulita, e o lobishome inverso, que é guapo.
Iván V.
No hay comentarios:
Publicar un comentario