21/2/11

Biblioteca

Na Biblioteca comezaron unha nova actividade: O rincón de Buli. Todos os xoves os alumnos que queiran poden apuntarse para contar contos ou outro tipo de actividade.

Como sempre, os máis animosos foron os alumnos de 3ºB. O xoves pasado actuaron Brais L, cun conto escrito por el, e Valeria e Paola, que axudadas por Ángela, contaron un conto con marionetas e todo.

O próximo xoves haberá máis actuacións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario