Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán?
A min A monstroescola gustoume moito porque só había dúas persoas normais e os demais eran monstros. E tamén gustoume porque ao final rescataron a señora María, e o inspector os deixou quedar na escola.
O personaxe que máis me gustou foi Invi, porque era invisible e lle tiveron que poñer unha gorra.
Neste conto aprendimos que da igual como sexamos.
ANDREA
O libro gustoume moito porque había monstros moi graciosos, salían os irmáns Trabada, Xan e Lidia, Invi, Peque, Lupo e Nefertina (chulita) e tamén a profe Katia. Peque é enorme, o nome non lle pega nada.
A min gústanme Invi e Lupo, que é un lobishome inverso, e dicir, que é home lobo todo o mes e, cando chega a lúa chea, é home. Xan e Lidia non son monstros, son rapaces.
Este libro ensinounos que todos podemos vivir xuntos.
BRAIS L.
Gustoume moito o conto porque era de monstros. O que máis me gustou foi cando chegaron os monstros porque era moi interesante saber como eran. O monstro que máis me gustou foi Peque, porque era xigante e peludo.
O que este conto nos ensina é que podemos convivir todos xuntos.
ANDRÉS
Eu penso que Anxo quería dicirnos que, aínda que sexamos diferentes por fóra, por dentro somos iguais.
A miña parte favorita é cando se preparan para a visita do inspector, porque Invi estaba simpático e Peque tamén, todos estaban simpáticos.
O meu personaxe favorito é Peque. Gustoume porque era mono e moi bo, e tamén porque eran moi simpáticos os seus pensamentos.
PAOLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario