15/2/11

O sabor da aventura está no mar

Mariña e Luís, unha cociñeira e un mariñeiro moi divertidos, viñeron ao colexio a presentarnos unha nova campaña da Xunta, O sabor da aventura está no mar, para fomentar o consumo de peixe fresco.





Na representación rimos moito e coñecimos a Os arroases, un grupo de nenos e nenas con poderes especiais, grazas a todo o peixe que toman.


Se queredes coñecelos mellor podedes ir á súa páxina web. Hai moitas cousas interesantes: xogos, debuxos, receitas, ...

1 comentario: