28/2/11

Xogando ao béisbol

Estes días estamos xogando ao béisbol en ximnasia. O mércores xogamos o partido oficial, que o gañou o equipo verde, e o venres tivemos a revancha, que empatamos. 
O béisbol é un xogo de equipo que se xoga cun pau chamado bate e unhas pelotas pequenas. Os aros fan de bases e, cando bateamos, temos que correr polos aros dando unha volta. Se estás fóra dos aros cando o que lanzou a pelotiña a colle, quedas eliminado.
Gústanos o béisbol, é un deporte chulo, e nos encanta batear.

Cristian, Brais L. e Dani



2 comentarios: