13/2/11

A monstroescola (2)

Gustoume o libro porque era divertidísimo. A min gustoume o lobishome inverso Lupo e o monstro do armario Peque. Gústame Lupo porque era chulito e Peque porque era moi peludo.
A parte que máis me gustou foi cando chegou Invi e dixo que estaba desnudo. Este libro significa que todos temos que ser amigos.
Dani

O meu personaxe favorito é Peque, porque tiña un corpo moi gracioso e é moi veloz. A miña escena favorita foi cando todos salvaban a unha anciana e un gato.
Invi tamén éun pouco guai, e cando a profe Katia se enterou de que Invi estaba desnudo, por iso tamén me gusta Invi.
Iván P.

A monstroescola pareceume un libro moi bonito. A parte que máis me gustou foi cando Lidia pensou en nenos guapos. O personaxe que máis me gustou foi a momia Nefertina, porque é a raíña dun reino en Exipto.
Que pena que Anxo Fariña xa non faga máis contos, porque me encantaría. O que nos ensina este libro é que temos que xogar con todos.
Valeria

Gustoume porque é moi divertido. Aparecen nenos moi bos. O meu personaxe favorito é Peque, o monstro do armario, porque é grande e peludo. Os debuxos son moi chulos.
Mohamed
A monstroescola gustoume polos personaxes, e ademais todos os nenos menos dous eran monstros. A parte que máis me gustou foi cando os nenos salvaron a señora María. O meu personaxe favorito é Invi, que é invisible.
Anxo quere dicirnos que podemos convivir entre monstros e humanos.
Darío
A min gustoume a monstroescola. Gustoume porque os personaxes eran monstros extraños. O momento que máis me gustou foi cando rescataron a señora María. A miña personaxe favorita é Nefertina, porque me gusta a mitoloxía exipcia.
O que ensina este conto é que aínda que sexamos diferentes, podemos vivir xuntos.
Isaac




1 comentario: