12/6/12

Os retos: Galileo Galilei


Galileo Galilei naceu en Pisa (Italia), no ano 1564 e alí estudou mediciña. Tamén fixo estudos de matemáticas.
Aos 25 anos conseguiu a cátedra de Matemáticas en Pisa e máis tarde casou con María Gamba, coa que tivo tres fillos.

Desenvolveu o telescopio en 1610, co que realizou importantes descubrimentos astronómicos: as montañas e cráteres da lúa, estrelas descoñecidas ata entón, as fases de Venus, os satélites de Xúpiter...

Os seus descubrimentos corroboraron a teoría de Copérnico sobre a Terra, o que lle acarreou problemas coa Igrexa. En 1632, Galileo publicou a súa obra Diálogo, na que realizaba unha defensa da teoría heliocéntrica (o sol é o centro e ao seu redor xiran os planetas). O fixo en contra das tesis da Igrexa, que defendía a teoría xeocéntrica (a Terra é o centro e o Sol e os planetas xiran arredor dela).


Foi xulgado pola Inquisición e obrigado a renegar das súas ideas. Aínda que conseguiu salvar a súa vida, quedou confinado nunha vila de Florencia, onde morreu en 1642.






Tamén podedes atopar máis información no blog de Paola:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/06/galileo-galile.html

E o de Isaac:
http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/06/galileo-galilei.html

2 comentarios:

  1. Vouvos botar de menos! Snif Un bico grande para tod@s e para ti Geni outro enormísimo!

    ResponderEliminar
  2. Vouvos botar de menos! Snif Un bico grande para tod@s e para ti Geni outro enormísimo!

    ResponderEliminar