21/6/12

Contacontos e despedida musical

Hoxe, penúltimo día de clases, tivemos a despedida na aula e a entrega de notas.
Fixemos moitas actuacións. En primeiro lugar, Ainoa, Andrea e Paola representaron un conto inventado por elas. Trouxeron máscaras, disfraces e marionetas. Brais P axudoulles coa música. Canto traballan estas nenas!


Despois, David deunos un concerto co tambor, interpretando varias pezas. Que ben toca!


Logo Paola cantounos unha canción, tocando a pandereta. Moi ben, Paola!

E seguimos cos números musicais. Darío, Brais L. e Brais P., cantaron unha canción dunha ópera de Verdi. En italiano! Impresionante!


E rematamos os números musicais cunha actuación de Dani e Brais L. acompañados por Ainoa e Andrea que lle facían os coros. Interpretaron "Yo te esperaré", de Cali & El Dandee. O fixeron de marabilla!

Canto artista hai nesta clase!!!



1 comentario:

  1. me encantan esas fotos quisiera aber ido a las actuaciónes .No me encuentro nada bien .Bueno que tengas unas buenas vacaciónes

    ResponderEliminar