En primeiro lugar fomos visitar o Museo de Pontevedra. Como chegamos un pouco cedo deunos tempo para tomar a merenda da mañá, na Praza da Leña, diante do museo.
No museo visitamos varias salas, con tesouros arqueolóxicos, pero a que máis nos gustou é a que parece a sala interior dun barco. Ata parecía que se movía!
Non nos deixaron facer fotos dentro, así que tivemos que contentarnos coas da praza.
Cando rematamos alí, marchamos a Campo Lameiro, e comimos no exterior do Parque Arqueolóxico.
Despois de comer, e de tomarnos un xeado, comezamos a visita. Empezamos polo centro de interpretación, onde vimos unha película sobre os petroglifos e nos explicaron como vivían os humanos na época en que os fixeron.
Ao rematar, unha boa caminata polo parque. Alí visitamos unha réplica dunha aldea primitiva, coas súas chozas. O noso guía, Alexandre, ensinounos a facer lume con paus. Foi impresionante!
E logo visitamos os petroglifos. Neles había moitas figuras de cervos, e outras en forma de círculos e labirintos.
Ao baixar, estivemos xogando nun labirinto metálico.
Chegamos cansos e con moita fame, así que paramos outra vez a merendar e a xogar un pouco. E as sete da tarde recollimos e fomos para o autobús. De volta a casa!
Unha excursión estupenda, o pasamos moi ben, aínda que a nosa profe parecía un pouco cansa. Non sabemos por que.
xa o acabei
ResponderEliminarGENI MOI BONITAS AS FOTOS
ResponderEliminarDentro de pouco acabamos o cole.