Hoxe por fin fixemos a visita a Cangas, xa pensabamos que o tempo non nos deixaba.
Fomos en autobús ata a estación de autobuses e alí atopámonos coa guía de Turismo. Explicounos moitas cousas sobre Cangas e a súa historia, e sobre a Capela do Hospital, o Mercado, a Casa da Bóla, a rúa Real, a Igrexa, a Fonte do Cabalo, as casas de patín, a Alameda de F. Soage, o Reloxo...
Estivemos tamén dentro da Igrexa e alí contounos cousas moi interesantes.
Foi unha visita moi entretida e moi ben explicada por Raquel, a nosa guía.
Logo merendamos no xardín, e tamén tomamos un xeado.
Foi unha visita moi interesante na que aprendimos moitas cousas sobre este traballo.
Podedes visitar a súa tenda on-line, se facedes clic na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario