Reto nº18: O legado de Al-Ándalus

A civilización andalusí desenvolveuse na península ibérica durante oito séculos, nos cales nos deixou un gran legado científico e cultural.
A súa cultura tamén deixou a súa influencia na lingua. Moitas palabras da lingua galega proveñen do árabe, e moitas delas comezan con al- (o artigo en árabe)

O noso reto será atopar seis palabras da nosa lingua que teñen o seu orixe no árabe. Recordade que todas comezan por -al.

1. Bata que se utiliza para cubrirse despois do baño. (8 letras)
2. Presidente do concello ou corporación municipal. (7 letras)
3. Peluxe de cor branca que recobre as sementes desta planta, moi usada na industria téxtil. (7 letras)
4. Oficial do exército que ten o grao máis baixo, inmediatamente inferior ao de tenente. (7 letras)
5. Solución concentrada de azucre e auga fervidos. (7 letras)
6. Tipo de calzado de lona grosa coa sola de goma, cánabo ou esparto. (9 letras)

A pensar!

12 comentarios:

Publicar un comentario