Hoxe foi o último día de clases. Rematamos xa o 2º ciclo e pasamos dous anos xuntos nos que pasaron moitas cousas: nos divertimos, nos enfadamos, nos reconciliamos, nos volvemos a enfadar... pero o que seguro que nunca fixemos foi aburrirnos.
Porque somos curiosos, nos motivamos facilmente, somos traballadores e, sobre todo, gústanos aprender. E aprendimos moitas cousas durante estes dous anos: no cole, na clase, na casa, de todo o noso arredor... e moitas máis que aprenderemos se seguimos con este entusiasmo.
Noraboa, rapaces! E felices vacacións!
E menuda festa que tivemos hoxe!
E para que vexades o ben que o pasamos xuntos, dentro de 15 días nos volveremos a ver. As nosas nais prepararon unha quedada-merenda para que poidamos estar todos outra vez e pasemos unha tarde divertida e xogando.
Será o 6 de xullo as 5 da tarde en Montecarrasco, xunto ao Balcón de El Rei. Traede algo de merenda para compartir e moitas gañas de xogar.
Non faltedes!
a ver si vienes
ResponderEliminar