Onte volvemos ao cole, despois das vacacións de Nadal. Con ganas de ver aos nosos compañeiros e compartir con todos os nosos novos xogos.
As vacacións foron moi divertidas. Os Reis magos trouxéronme moitas cousas. O que máis me gustou foi o "Coolcards", unha máquina para facer tarxetas.
Ángela
Aos veciños, o día 7 de xaneiro, pitounos a alarma do piso porque íase inundar o garaxe, e tivemos que quitar o coche. Os Reis trouxéronme regalos, e a min gustoume moito o "Sing Star", que serve para cantar cancións do que queiras, a min trouxéronme de Patito Feo e canto moitas cancións.
Andrea
O día de Reis Magos pola noite fun ao baño e atopeime dous regalos con dúas notiñas, e empecei a ler. Na miña carta poñía: Valeria, es moi boa coa túa irmá e axudas moito. E despois fun para cama. Cando me levantei había máis regalos aínda, e o que máis me gustou foi o "Quen é quen?". Eu xa xoguei coa miña nai e a miña irmá Ágata.
Valeria
O puzzle que me trouxeron os Reis gústame porque me parece o puzzle máis divertido.
O Monopoly que me trouxeron é un xogo para toda a familia.
Iván P.
As vacacións paseinas na casa cos meus pais e xoguei, estudei e lin moito. Os regalos gustáronme moito, menos a roupa.
Rafa
O que máis me gustou das vacacións foi o cumple do meu pai, que foi o día de Reis, porque veu a miña familia.
Isaac
É mellor non ir ao baño pola noite de Reis, ou te quedas sin regalos.
Paola
Estas vacacións foron estupendas, pero moita xente non o pasou moi ben xa que o día 7 inundouse Cangas. pero os Reis Magos puxéronme moitos agasallos.
Brais L.
Que boa idea a de compartir os xoguetes de Nadal. Como disfrutan os nenos!!!!
ResponderEliminar