26/1/11

Onde viven as fadas?

Dende a Biblioteca, Buli enviounos outra das súas preguntiñas curiosas:
Onde viven as fadas?
E xa lle enviamos as nosas respostas á Biblioteca:

Nos bosques. (Mohamed, Brais L. )

Nos bosques onde hai cogomelos. (Rafa, Ángela, Darío, Daniel )

Viven nas flores. (Valeria, Ainoa )

Nos bosques escondidos. (Andrea)

Nos bosques máxicos. (Brais P., Gabriela)

Nos bosques encantados. (Andrés, Isaac, Iván V., Iván P., David)

Viven nos vales, nas flores e nas árbores. (Paola)

Esperamos a súa resposta.

2 comentarios: