29/12/10

STARDUST

O luns 20 de decembro comezou no cole a semana de cine fantástico, no que se van proxectar diferentes películas para cada nivel. Os alumnos de 3º fomos ver a película Stardust, e gustounos moito.


TITULO ORIXINAL: Stardust
ANO: 2007 DURACIÓN: 130 min
XÉNERO E CRÍTICA: Fantástico. Aventuras. Romance
SINOPSE: Nun pequeno pobo inglés, fronteirizo cunha terra máxica onde ninguén entra, un mozo chamado Tristan (Charlie Cox) intenta conquistar o corazón de Victoria (Sienna Miller) e vaise en busca dunha estrela caída do ceo. A súa viaxe lévalle a un país misterioso e prohibido máis alá dos muros do seu pobo. Durante a súa odisea, Tristan atopa a estrela convertida na preciosa Yvaine (Claire Danes). Pero Tristan non é o único que busca a estrela. Os catro fillos do Rei (Peter O’Toole), e os fantasmas dos seus tres irmáns mortos, necesitan a estrela se queren ocupar o trono. Tristan tamén debe vencer a Lamia (Michelle Pfeiffer), a malvada bruxa que desexa a estrela para recuperar a xuventude. Tristan loita para desfacerse destas ameazas, pero cando coñece a un pirata chamado capitán Shakespeare (Robert De Niro) a súa busca cambia de rumbo. Descubre o significado do auténtico amor e quere conquistar o corazón da estrela.


COMENTARIOS:

Iván P: A película gustoume porque era graciosa e de aventuras. O que máis me gustou son as pelexas que facían.

Julio: A min gustoume a película cando quedaron reis ao final.

Brais L: Esta película pareceume moi divertida, era de acción, de romance e de aventuras. Os protagonistas eran Tristán e a Estrela. o momento que máis me gustou foi cando a Estrela non podía cruzar un muro e viña Tristán por un lado e a bruxa por outro.

Paola: As bruxas eran feas, e a máis fea era a delgada. ¡Pobre princesa encarcelada por unha corda! E os príncipes mortos, molan cando se transforman en fantasmas. Os personaxes que máis me gustaron foron os fantasmas.

Andrea: Gustoume Stardust porque unha estrela caeu do ceo e un rapaz colleuna. Tamén gustoume porque se a Estrela cruzaba o muro convertiríase en po. Gustoume moito a Estrela.

Ángela: A peli encantoume porque era moi divertida e graciosa. E cando transformaron de imaxe a Tristán foi moi bonito, era moi guapo.

Cristian: Gustoume a película cando o capitán Shakespeare vestiuse de muller, e cando Tristán casou con Yvaine. Había un muro e nese muro había un vello que non deixaba pasar ao outro lado.

David: A peli gustounos a os meus compañeiros e a min, pero tiven un pouco de medo. Pero aínda así gustoume, porque me gustan os seres fantásticos. A miña parte preferida foi cando o capitán Shakespeare vestiuse de muller. O meu personaxe preferido foi Tristán.

Andrés: A min gustoume moito a película porque acababa ben. O que máis me gustou foi cando o capitán Shakespeare vestiuse con vestidos de muller.

Ainoa: Gustoume o final da peli, cando eran rei e raíña, e o regalo da nai e o pai: unha vela de Babilonia. Tamén gustoume cando todos se xuntaron porque a Estrela ía cruzar o muro e transformarse en po de estrelas.

Valeria: A min gustoume moito a película porque a nena Yvaine, que era a estrela, era preciosa. Deume un pouco de medo a bruxa sen pelo ¡aaaahhh! O que máis me gustou foi a muller sen cabeza e o muro. Por un lado estaba o mundo real e ao outro lado había seres fantásticos. Sempre había un vello que era o gardián do muro, e cando ían para o muro o vello loitaba con eles ¡e mira que era vello!

Rafa: A peli era moi bonita e graciosa. Bonita porque ao final acabou todo ben, e a parte de gracia era cando o chico convértese en chica.

Darío: A parte que máis me gustou da película foi cando o pai de Tristán foi ao mercado de Stormhold.

Brais P: Encantoume a película porque é moi bonita e porque Tristán fíxose rei e a Estrela tamén.

Daniel: Gustoue a a película porque era interesante. O que máis me gustou foi cando Tristán, a bruxa, a nai de Tristán e tamén Séptimus perseguían a Estrela.

Isaac: A película gustoume moito porque era de acción. O momento que máis me gustou foi cando Tristán e as bruxas batíanse pola Estrela.

Gabriela: Gústanme as historias de fantasía e encántame Stardust. A película gustoume moito. A parte que máis me gustou foi cando a cabra saíronlle tetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario