31/1/11

Día da Paz




O 30 de xaneiro de 1.948 mataron a Mahatma Gandhi, que era un líder nacional e espiritual da India, que ademais loitaba contra a violencia. Foi asasinado por un integrista hindú.
Por iso desde 1.964 o 30 de xaneiro foi declarado O Día da paz e da non violencia, para conmemorar a morte de Gandhi.




Na nosa clase celebramos o Dia da Paz facendo un traballo con mans recortadas e pombas, nas que puxemos as cousas que nós podemos facer para traballar pola paz. Logo adornamos a porta da clase, co lema:
Se xuntamos as nosas mans … coidaremos mellor o noso planeta.
Na clase de relixión, coa profe Loli, tamén estamos preparando un mural que nos vai quedar moi bonito.

1 comentario: