16/1/11

Exposición Seres Fantásticos

No mes de decembro inaugurouse no cole unha exposición sobre Seres Fantásticos chamada Nos límites da imaxinación. Os alumnos de 3ºB participamos con varios traballos:

  • Un libro de contos de dragóns e uns dragóns de plastilina que fixemos na clase coa profe Geni.
  • Tres traballos de plástica: debuxos dos nosos seres fantásticos, fadas para colgar do teito e collages do dragón de Gaudi, feitos na clase de Plástica coa profe Paz.
O día 13 de xaneiro visitamos a exposición para ver os nosos traballos e os do resto das aulas. Uns alumnos de 5º nos explicaron todos os traballos e nos contaron unha lenda: Apolo e Dafne.
CONTOS DE DRAGÓNS





MOLDEANDO DRAGÓNS


A VISITA


1 comentario: