25/5/17

Lecturas 5º: Camiño perigoso - Javi 5ºB


Título: Camiño perigoso
Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Juan Carlos Abraldes
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

A historia desenvólvese en moitos sitios. O que máis me gustou foi a rúa de pedra que conducía á porta do castelo do Conde, no que Alba reencontrouse con Marcelino e acusouno de habela abandoado, pero explicoulle o motivo.
A protagonista do libro chámase Alba e con todas as súas viaxes ía coñecendo todo tipo de xente.
O personaxe que máis me gustou foi Madalena, porque era unha muller moi amable que axudou á nena a ir en busca do seu pai sen que Celestino, o cego, se decatase que estaba diante del.
O libro gustoume moito, pero se hai que dicir a miña parte favorita, digo que foi cando os frades discutían entre eles, porque me fixeron rir moito, aínda que o tema do libro non é moi gracioso.
Tamén dicir que o libro foi bastante triste, xa que unha nena (Alba) ten que pasar por duras penurias para atopar aos seus pais.
JAVI 5ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario