Este curso iniciamos un novo proxecto: CANGAS, que leva por título "Polos camiños de Cangas", como o inicio do poema de Celso Emilio Ferreiro:
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Sobre este poema fixéronse varias versións musicais:
Carlos Núñez e Teresa Salgueiro
Luar Na Lubre
Lulavai
E unha versión diferente, sobre o mesmo tema:
Astarot
E como non sabiamos quen fóra María Soliña, comezamos a investigar para saber cousas dela.
Carlos Núñez e Teresa Salgueiro
Luar Na Lubre
Lulavai
E unha versión diferente, sobre o mesmo tema:
Astarot
E como non sabiamos quen fóra María Soliña, comezamos a investigar para saber cousas dela.
Geni encantanme todas as cancions.
ResponderEliminar