Resumo do libro: Un rapaz queda orfo mentres pasa as vacacións en Noruega. A partir de aí vivirá coa súa avoa sempre e con ela irá aprendendo canto hai que saber das bruxas.
Xuntos han de enfrontarse coa terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra reunidas no Congreso Anual baixo a aparencia de mulleres normais que celebran unha convención nun hotel.
O gran empeño das bruxas é exterminar aos nenos: ódianos, resúltanlles sucios e fedorentos e son os seus grandes inimigos.
Gaby recolleu algunha información sobre a súa biografía:
Autor británico, fillo de noruegueses, nado en Gales en 1916.
Cando estala a Segunda Guerra Mundial incorpórase á Royal Air Force comopiloto de combate, pero un accidente aéreo retírao do servicio facilitándolle a dedicación á creación literaria.
Neste campo escribirá novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, obras para o público infantil que o converten nun dos escritores máis lidos no último século. Entre elas podemos citar Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, Matilda, James e o melocotón xigante, A marabillosa mediciña de George, Qué asco de bichos!, O gran xigante bonachón, O Superzorro, Contos en verso para nenos perversos,etc e relatos autobiográficos como Boy: relatos de infancia e Voando só.
Moita da súa obra é autobiográfica, non só as últimas citadas, que teñen esa consideración, senón tamén as outras nas que vai deixando as pegadas daquilo que o marcou definitivamente como a orfandade de pai dende moi pequeno ou o seu paso polas escolas de férrea disciplina e mestres ou compañeiros crueis.
Morreu o 23 de novembro de 1990.
Do libro As bruxas, fíxose no ano 1990 unha película titulada "A maldición das bruxas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario