14/10/11

A que distancia está a Terra da Lúa?


Na clase de Coñecemento do Medio tentabamos descubrir a que distancia estaría a Terra da Lúa, segundo unha escala.
O primeiro que fixemos foi dividirnos en catro grupos e poñernos un nome. Logo collimos unha pelota de fútbol (a Terra), e unha pelota de tenis (a Lúa). Saímos fóra da clase e intentamos adiviñar a distancia á que estarían.
O grupo "Los saturninos" (Roque, Isaac, Darío e Mohamed) colocaron as dúas pelotas a 45 cm. O grupo "Galacticus" (Rafa, Andrea, Iván P., Ángela e Brais L.), a 67 cm. "Os meteoritos" (Paola, Dani, Brais P., Julio e Iván V.) as colocaron a 50 cm. E o grupo "Espacio fugaz" (David, Alba, Ainoa, Cristian e Gaby) , a 90 cm.


Logo nos enteramos que a distancia real é de 30 veces o diámetro da Terra. Costounos un pouco, pero por fin averiguamos que o diámetro da pelota de fútbol (a Terra), era de 23 cm. Despois multiplicámolo por 30 e o resultado foi de 690 cm, ou sexa, 6 metros e 90 cm. Case 7 metros! Tivemos que medilo cun metro e ocupar unha boa parte do corredor! Ningún de nós imaxinaba que estaban tan lonxe!

No hay comentarios:

Publicar un comentario