A exposición fixo un percorrido polos oficios tradicionais e a súa relación coa música e o baile. Nela poidemos ver apeiros antigos de labranza, materiais de canteiros, como eran as tabernas e as cociñas antigas, o labor dos cesteiros, das costureiras, das redeiras,... e ademais acompañado por unha colección de fotos antigas.
Esta exposición encantoume. Tiña música antiga, falaban das ferramentas, como evolucionaron os utensilios, a roupa antiga das danzas. Ensináronnos como facían música coas ferramentas. Todo o explicou Manolo, o señor do muíño. E por que el? porque toda a súa vida traballou nestas cousas.
Brais L.
A exposición gustoume moito polos vestidos e a música. Ademais a que tocaba era a miña profesora de gaita, porque eu bailo baile galego. Tamén gustáronme o arado, as máquinas de coser e as fotos. O señor Manolo ensinounos como se facía o liño. Paseino moi ben.
Valeria
Na exposición falaban dos tempos antigos, como araban a terra e como cantaban antigamente. Despois ensináronnos como se pelaba o millo cunhas máquinas antigas, esa parte interesoume. Despois vimos como traballaban os zapateiros, como comían, as cousas que facían e os traxes típicos de baile.
Darío
A exposición ía de como traballaban a xente fai moitos anos, como vestían e que usaban antigamente para traballar no campo e para facer tecidos. Tamén contaba que, cando remataban o traballo, xuntábanse para cantar e bailar.
Isaac
No hay comentarios:
Publicar un comentario