Lecturas 5º: A encontadora. Samuel 5ºA


Título: A encontadora.
Autora: An Alfaya
Ilustradora: Chus Ferrín
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

O conto vai de que un ancián chamado Crispín múdase á casa da súa neta Xulia e coñecen a unha veciña chamada Eleonora.
A Crispín o que máis lle gusta é estar facendo fotos a todo.
Crispín e Eleonora fanse amigos e, pouco tempo despois, descubren que ela foi traballadora nun circo: toca a frauta, adestra serpes... e que tiña unha serpe de mascota chamada Gloria.

O personaxe que máis me gusta é Eleanora, porque me parece unha persoa moi orixinal unha muller que traballa nun circo e que ten unha serpe de mascota.

O libro gustoume porque é entretido. Ao principio fíxose longo, pero ao acabar engancheime. A parte que máis me gustou foi cando Crispín sube as escaleiras e funga de cansancio coma un cabalo.
SAMUEL 5ºA

1 comentarios:

Publicar un comentario