Lecturas 5º: A praia da esperanza.Uxía 5ºB


Título: A praia da esperanza
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustradora: Teresa Novoa
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Raquel atopa unha buguina na praia e dela sae unha pequeniña serea chamada Sunia. Elas fixéronse moi amigas.
Un día había un cheiro insoportable, era o afundimento dun petroleiro. 
Raquel e os seus pais axudaban todos os días, igual que moita xente, a intentar sacar todo o petróleo do mar.
Sunia quere marchar ao mar xunto a súa familia e poder axudalos, pero Raquel dille que é moi perigoso. Ao cabo duns días Raquel atopa a Sunia morta na praia por aquel petróleo que contaminou o mar.

O meu personaxe favorito é a serea Sunia. Gustoume porque quixo arriscar a súa vida por ir axudar á súa familia. Sunia era moi pequena, vivía no mar dentro dunha buguina, era moi amable e valente, e contaba contos moi bonitos.

Este libro foi moi interesante para min. A miña parte favorita foi cando a nai de Raquel a levou a unha praia porque o seu colexio non fora, e nela estaban moitos nenos doutros colexios, e xuntos formaron a palabra VIDA. Esa parte pareceume moi bonita porque coa palabra querían dar esperanza despois do desastre do petróleo verquido no mar.
UXÍA - 5ºB

1 comentarios:

Publicar un comentario