Pois si, todos os que comentaron a foto adiviñaron de que se trataba: a escultura en homenaxe ás peixeiras feita polo Concello de Cangas. Esta escultura está ao lado da Praza de Abastos, xunto á entrada do peixe do día.
Ángela, Andrea, Brais L., Roque e Valeria contestaron correctamente, así que lle debemos unha pegatina. Apuntádeo para setembro.
E agora outra fotografía para seguir pensando:
É moi fácil. Sabedes o que é e onde está tomada a foto?
No hay comentarios:
Publicar un comentario