Autor:
E. Allan Poe (versión en galego de Paco Liván)
Ilustrador:
Alberto Vázquez
Editorial:
OQO
Nun
pobo había un rei que era moi bromista. E a única forma de
conquistalo era cunha boa bufonada, por iso os seus sete ministros
eran excelentes bromistas.
O
rei tiña un bufón que se chamaba Hop Frog, que andaba cun salto
ridículo que lle facía gracia ao rei. Hop Frog tiña unha amiga que
se chamaba Trippetta. Hop Frog e Trippetta viñan dun pobo que
ninguén coñecía.
Un
día o rei quixo facer unha festa de disfraces. Na festa o rei mandou
beber viño a Hop Frog, e bebeu un grolo para pensar nunha bufonada,
pero non se lle ocorría. Entón o rei mandoulle volver beber, pero
Trippetta protexeuno e o rei tiroulle o vino á cara.
Entón
ocorréuselle unha bufonada: Orangutáns Encadeados, que
consiste en que se disfrazan para asustar á xente. Hop Frog, para
escaparse, colleu a cadea da lámpada e enganchouna nas cadeas,
subiunos ao teito e queimounos cunha antorcha. E Hop Frog e
Trippetta escapáronse e nunca máis se supo deles.
O
libro gustoume, aínda que me deu un pouco de medo. Estaba preocupado
por Hop Frog, polo que lle ocorría.
David
Bernárdez
No hay comentarios:
Publicar un comentario