5/7/12

Que é? Onde está?

Vos acordades desta foto?

Enviouna Roque e a súa familia e a publicamos xa fai un mes no blog. A pesar do tempo que pasou, só tivemos dúas respostas, e unha única acertada. Foi Gaby que contounos que é unha billa da Fonte de San Leonardo, que está na rúa de Manuel Graña. Esta fonte está moi cerca de onde estivemos con Raquel, a nosa guía de Turismo, e onde nos dixo que estaba o antigo porto de Cangas.
Gaby e Roque, reclamade as vosas pegatinas en setembro!


E por se queredes darlle ao coco durante estas vacacións, sabedes que é e onde está tomada esta foto?. Eu penso que é moi fácil. Veña, animádevos!


6 comentarios:

  1. Brais Lagoa6/7/12, 20:18

    É a estatua que esta detrás da praza de Abastos de Cangas

    ResponderEliminar
  2. Está preto da churrería de ao lado da porta da Praza de Abastos.

    ResponderEliminar
  3. Geni esta foto esta feita ao ladoda Praza De Abastos detras.Voas vacacions

    ResponderEliminar
  4. esa foto e a escultura en honor as pescaderas que está cerca da praza.

    ResponderEliminar
  5. Es una estatua dedicada a las pescantinas que esta al lado de la plaza.

    ResponderEliminar
  6. Geni,es una escultura que esta dedicada a las pescantinas y esta al lado de la salida de la plaza nueva.

    ResponderEliminar