7/10/15

Melodías de emocións: Titanic

Seguimos co noso proxecto da asignatura de Valores, unindo música e emocións.
Esta vez tocoulle o turno a Eloi, que escolleu tamén un tema dunha banda sonora dunha película: Titanic, composta por James Horner.

Presentación:



Esta música me causa emoción porque cando a escoito me recorda moito ao meu avó. Entón tamén me causa tristeza, porque claro, o meu avó morreu.
Como vin a película, ao escoitar a banda sonora, sinto bastantes cousas, como tristeza, alegría, emoción...
NUNCA ME ABURRIRÍA DE ESCOITALA.
Eloi



Escoitamos con atención:





E debatimos sobre o que sentimos, tamén comentamos a historia do Titanic. E ao rematar o poñemos por escrito o que a música nos suxire.

A min esta música prodúceme tristeza. Me gustou moito a parte na que entra o vento e tamén, aínda que non vin a película, recórdame ao Titanic. Nico

Eu sinto moita tristeza, un pouco de alegría, dolor, escalofríos...ao final un pouquiño de medo e outra vez tristeza. Sabela

Eu sentín angustia, escalofríos, tamén tristeza, inxusticia, amor pola xente. Tamén unha vida mala. Moitísima tristeza. Andrea

A min me produce tristeza, escalofríos e un pouco de alegría. Carlos

Tristeza, escalofríos, Case choro porque o meu avó morreu no mar cando naceu a miña nai, ela non o coñeceu. Ari

Pois a min provócame tristeza cando os pobres se afunden, é moi inxusto que só deixaran subir nos botes salvavidas aos ricos e que os pobres morresen todos no barco. E tampoco que na parte de arriba estivesen só os ricos, e na parte de abaixo os pobres. Pero eu creo que o pasaban mellor os pobres cos súa música celta. Xian

A min cáusame moita tristeza porque me imaxino toda a xente morrendo na auga, se me poñen os pelos de punta. Para min Eloi fixo ben en escoller esta música. Diego



Esta banda sonora é moi bonita, pero deixounos un pouco tristeiros.



1 comentario: