Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

O pasado venres todos os alumnos de 3º e 4º  fixemos a nosa primeira saída do curso. Fomos a Campo Lameiro, a ver o seu parque Arqueolóxico.


Cando chegamos nos dividimos en tres grupos. O noso grupo (menos Ágata e Uxía que marcharon cos de 3ºB) fomos a ver os petroglifos cun dos monitores, que nos explicou moi ben como os facían e como vivían as xentes de esa época, fai máis de 4000 anos.
O petroglifo do cervo é moi bonito!


Logo levounos a ver a réplica dun poboado, onde aprendimos como eran e como facían as súas casas.
Eran moi pequenas!

Ao rematar esta visita unha das monitoras acompañounos ao obradoiro, onde nos explicou como os homes primitivos facían música e ensinounos moitos dos seus instrumentos, feitos de ósos, madeira, cunchas, cornos de animais...


E logo tocounos a nós facer un instrumento: unha bramadeira. Fixémola cun trozo de madeira e unha corda. Antes tivemos que preparala como se fósemos nenos prehistóricos: cun trozo de pedra de sílex. E as pintamos con óxido de ferro e carbón.



Logo de probar como soaban as nosas bramadeiras, merendamos un pouco e entramos no edificio para ver o Centro de Interpretación do Parque.


E xa nos quedou moi pouco tempo para ir ao Labirinto.


O pasamos moi ben e foi unha visita moi interesante.


0 comentarios:

Publicar un comentario