Unha das nosas compañeiras, Ainoa, recompilou información sobre a biografía esta autora e logo, axudada por Andrea, recitaron e cantaron dous dos seus poemas: Negra Sombra e Adiós ríos, adiós fontes.
Este é un resumo da súa biografía:
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Era filla dun sacerdote e dunha fidalga vida a menos.Os primeiros anos da vida de Rosalía transcorreron en diversos lugares: Ortoño, Padrón... De aí viríanlle á escritora o seu coñecemento natural do galego e da cultura rural, e a inclinación solidaria cara aos homes e mulleres labregos. Instalada xa dende a adolescencia en Santiago, Rosalía participa nas actividades culturais do "Liceo de la Juventud", onde destacou como actriz. Trasladouse a Madrid, de onde regresa en 1858 casada con Manuel Murguía, o cabezaleiro do movemento rexionalista. Dende entón a vida de Rosalía estivo marcada pola inestabilidade laboral do seu home, cuxos empregos dependían dos avatares políticos. Con permanentes dificultades económicas e peregrinando por distintos puntos da xeografía española ata que en 1875 se instala de maneira case definitiva en Padrón, Rosalía foi nai de sete fillos, aínda que un deles morreu cun ano e medio e unha das fillas naceu morta
Aínda que parte da súa produción está en castelán, foron Cantares gallegos e
Follas novas os dous poemarios que a converteron
na escritora máis coñecida en idioma galego, non só entre os especialistas
senón entre a xentes común. Ao castelán volvería Rosalía en 1884, con En las orillas del Sar,
Rosalía morrería o 15 de xullo de 1885 en Padrón, logo de
ordenarlles ás súas fillas que queimasen os seus manuscritos. Por desgraza,
obedeceron. Enterrada nun primeiro momento en Iria, no cemiterio de Adina que
ela cantara, en 1891 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos
Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago).
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras.
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras.
Negra sombra. Luz Casal por pelusilla
Ainoa e Andrea o fixeron moi ben, o fallo que tiveron foi que tiñan que cantar un pouco mais alto.
ResponderEliminar