Recordades o último reto? No cartel da película E.T. O extraterrestre aparecía a bicicleta de Elliot e E.T. diante da imaxe da Lúa. Pero non foi en bicicleta como chegou o 1º astronauta á Lúa, e iso era o que preguntábamos: como se chamaban os astronautas, como se chamaba a nave e en que data se conseguiu chegar á Lúa por primeira vez.
A resposta dímola en clase o venres pasado. Julio, Brais L., Roque, Valeria, Ángela, Brais P., Ainoa, Andrea e Isaac averiguaron que a primeira aluaxe fíxose o 20 de xullo de 1969 na misión Apolo XI, tripulada por tres astronautas: N. Armstrong, E. Aldrin e M. Collins (os dous primeiros foron os que pisaron a Lúa)
Se queredes máis información, visitade a nosa páxina:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/p/os-retos.html
Ou tamén tedes información no blog de Roque:
http://ouniversoderoque.blogspot.com.es/
Cando os astronautas chegaron a Lúa retransmitiron unha mensaxe: Houston, aquí base Tranquilidade, a Aguia xa aluou. Pero a frase que máis nos soa, a máis coñecida é: Houston, temos un problema.
Pois este será o noso seguinte reto, averiguar cando se pronunciou esta frase. Veña, a investigar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario