15/5/11

Excursión a Coruña: A Domus


E esta é a última entrega. A terceira visita na excursión á Coruña foi ao Domus, A Casa do Home. A actividade que tiñamos preparada foi unha película en 3D: S.O.S.Planet, que nos gustou moito. Como chillabamos!

No Domus vimos unha peli en 3D que se titulaba S.O.S Planet. Algunhas cousas pensabas que chas tiraban. E no Domus había un corazón xigante no que entrabas e estaban todas as partes do corazón. Ainoa

Gustoume a peli do Domus. Primeiro nos puxeron un corto animado de alieníxenas e logo a peli S.O.S. Planet. As dúas foron en 3D. Isaac

Vimos unha película de animais e gustoume moito, sobre todo o tiburón, que me deu un susto. Mohamed

No Domus o que máis me gustou foi a Mona Lisa feita de fotos, é graciosísima. Darío

O que menos me gustou foi cando vin o corazón dun cabalo. A peli en 3D era moi guai, parecía que un tiburón te trababa na cara, e unha serpe te comía. Dani

O que máis me gustou foi o Domus, porque vimos unha peli en 3D que se chamaba S.O.S. Planet. Vimos corazóns de humanos, de cabalo, de vaca, o de ratón era moi pequeño. Valeria

No Domus, na película, gustoume o oso polar e o mono que caeu da árbore. Julio

O que menos me gustou do Domus foi o vídeo da muller parindo. Gaby

O que máis me gustou foi o Domus porque vimos unha película en 3D, foi moi divertida e deume un susto un tiburón que parecía que te comía. Tamén había retratada a Mona Lisa feita con fotos de caras. Encantoume! Ángela

No Domus vimos unha peli en 3D S.O.S.Planet, foi a actividade que máis me gustou porque … as cousas parecían que saían da pantalla. Brais P.

Se queredes saber máis sobre a Domus, visitade a súa páxina web:


SOS PLANET

SOS Planet invítanos a explorar a situación medioambiental do noso planeta. Entre os protagonistas desta historia atópanse tartarugas mariñas, das que seis de sete especies están en perigo de extinción, o orangután da selva de Borneo e Sumatra, na que descenderon un 90% da poboación nos últimos cen anos; o oso polar, unha especie catalogada como vulnerable; ou as serpes, réptiles que viven en varios hábitat, desde as copas das árbores ata a profundidade dos océanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario