8/5/11

Excursión a Coruña: O Acuario

O primeiro lugar que visitamos foi O Acuario. Como chegamos tarde non puidemos facer a actividade que tiñamos programada. Pero estivemos vendo o Acuario e nos gustou moito, a case todos…

Ao primeiro sitio que fomos foi o Acuario e por desgraza chegamos tarde. Había peixes, tiburóns de a lo menos 1 metro, cabaliños de mar... E cando nos íamos vimos a coidadores darlle de comer a unha foca. Brais L.

No Acuario vimos moitos peixes, e polbos, e crustáceos. E o que máis me gustou foron os tiburóns e as focas. Rafa

O que máis me gustou foron as focas, cando lle botaron de comer e cando se deron a volta. Tamén me gustaron as raias e os tiburóns. Julio

A min non me gustou o Acuario porque me dan medo os tiburóns. Valeria

No Acuario vimos moitos peixes, pero o que máis me gustou eran os tiburóns, porque os tiburóns gústanme moito. Andrés

A min o que máis me gustou foi cando vin como os coidadores lle daban sardiñas ás focas. Dani

No Acuario de Fisterra o que máis me gustou foron as focas, eran tan graciosas!, e cando os axudantes lle daban de comer … Todos os que trouxeron cámara lle sacaron unha foto divertida. Darío

Non me gustaron os peixes. Mohamed

No Acuario había moitos peixes. Había moreas, caranguexos, lagostas, polbos, tiburóns, etc. David

No Acuario había moitos peixes e o que máis me gustou foi o tiburón, porque era grande e tiña dentes afiados. Andrea

Nunha parte había un acuario tan grande que parecía que estabamos debaixo do mar. Iván P.


Para saber máis sobre o Acuario, podedes visitar a súa páxina web:

http://www.casaciencias.org/aquarium/

E aquí tedes un vídeo moi bonito:

http://youtu.be/c4dG_dgX_cg

No hay comentarios:

Publicar un comentario