11/5/11

Excursión a Coruña: A Casa das Ciencias

A segunda parada foi na Casa das Ciencias. A actividade programada era unha sesión no Planetario, pero tamén tivemos tempo de ver o
resto das instalacións.

Na Casa das Ciencias vimos unha peli no Planetario que se titulaba “A noite do vampiro”. Ía dun vampiro vexetariano chamado Von Siro. E ensinounos os planetas. Ángela

Na Casa das Ciencias o símbolo é dunha mazá caendo. O que máis me gustou foi "Contracorriente", porque vai facendo estrelas e se o tiras ben non para nunca. Brais P.

Na Casa das Ciencias había unha máquina para facer pompas xigantes. Había unha representación dun burato negro. O que máis me gustou foi a peli "A noite do vampiro". Gustoume o Doutor Loco que se chamaba Dagoberto. Rafa

Gustoume a mazá xigant
e que estaba no tellado da Casa das Ciencias, tiña un trozo mordido. Julio

A Casa das Ciencias é moi bonita porque me explicaron que a Newton lle caeu unha mazá e fixo moitos inventos. Valeria

Na Casa das Ciencias o que máis me gustou foi o aparato xigante para facer burbullas, e Brais P. fixo unha burbulla xigante que estoupou aos dez segundos. Darío

O que máis me gustou foi, na Casa das Ciencias, a peli que vimos chamada “A noite do vampiro”, protagonizada por Von Siro e o seu axudante chiflado Dagoberto. Isaac

Na Casa das Ciencias vimos unha película no Planetario que se chamaba “A noite do vampiro”, foi moi divertida porque parecía que os tronos eran de verdade. Andrea

O que máis me gustou foi a Casa das Ciencias porque ha
bía moitas cousas divertidas, cuns pitiños monísimos e unha cousa que facía pompas. E tamén vimos unha película no Planetario. Gaby

Para saber máis sobre a Casa das Ciencias, visita a súa páxina web:

http://www.casaciencias.org/gl/casa.html

Para saber algo más sobre as constelacións:

No hay comentarios:

Publicar un comentario