28/11/10

O HORÓSCOPO CHINO


O Zodíaco Chino ten miles de anos de antigüidade e é moito máis antigo que o occidental.
A Astroloxía occidental está baseada nos meses do ano, pero a Astroloxía china basease nun ciclo lunar de doce anos.
Cada signo está determinado polo ano no que se nace (para ser exacto hai que usar un calendario chino). Cada signo está representado por un dos doce animais, e se lle asignan unha serie de calidades que os chinos cren que representan a natureza de cada animal.
Segundo unha lenda, os doce animais do Zodíaco Chino foron elixidos por Buda. Cando Buda estaba cercano á morte invitou a todos os animais a visitalo. Só chegaron doce: a rata, o boi, o tigre, o coello, o dragón, a serpe, o cabalo, a cabra, o mono, o galo, o can e o porco/xabaril. Como agradecemento por visitalo, Buda usounos para representar as doce fases do Zodíaco.

Averigua de que signo do Zodíaco Chino es ti, e se hai algún dragón na túa familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario