A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, de xeito que cando é hora de que ela tome a súa medicina, George decide darlle unha dose da que ele mesmo preparou, unha beberaxe dunha chea de produtos que foi introducindo na pota como mellor lle pareceu.A medicina máxica que preparou George ten uns poderes sorprendentes.
Este libro pareceume moi divertido e era con medicinas máxicas e unha avoa tola.
Brais L.
George da moita graza porque yen unha avoa moi mala. A min deume pena o último capítulo "Adeus avoa", poeque a súa malvada avoa desaparece.
Tamén gustoume como elabora George a súa medicina máxica, bótalle moitas cousas raras e o que lle fixeron a avoa e as galiñas ¡Era espectacular!Isaac
Encantoume o libro. Era de risa, toda a clase riuse porque na medicina meteu de todo.
O libro gustoume porque o neno meteu nunha tarteira cousas da casa e fixo unha pócema máxica, e fixo que a súa avoa se convertese grande e delgada. Ao final, a avoa quedou pequena coma un guisante.
Andrea
Menudo neno traveso. Pobre avoa, é tan grande coma un xigante. Ai! menuda poción de George, é incrible pero estaba un pouco tolo. E pobre galiña, que é máis grande que esa bruxa tola.
Foi moi gracioso, e toda a clase partíase de risa. pero, sobre todo, foi moi chulo.
Ángela
Era moi divertido e gracioso. Gustoume o final.
Dani
Teñen racón, o libro estaba moi ben
ResponderEliminar