Solución ao reto nº 16: Os símbolos da Unión Europea

Estas son as solucións ás preguntas que facíamos sobre os símbolos da Unión Europea.
1. As estrelas da bandeira da Unión Europea representan a unidade, a solidariedade e a harmonía entre os pobos de Europa. O número de estrelas (12) non ten nada que ver co número de países da UE, que son 28.

2. O himno da UE procede da Novena Sinfonía composta por Beethoven, que puxo música á Oda á Alegría.

3. A moeda da UE, o euro €, comezou a utilizarse o 1 de xaneiro de 2002.

4. No ano 2012 lle foi concedido á UE o Premio Nobel da Paz.

E os acertantes deste reto son:
5ºA: Alba, Iker, Pablo, Ángel, Xavi, Iván e Fran
5ºB: Ágata, Javi, Nico, Diego, Carlos e Uxía
Noraboa a tod@s!
E os que non acertaron polo menos tres das preguntas, grazas por participar, e a seguir intentándoo.




0 comentarios:

Publicar un comentario