Lecturas 5º: Un lugar no bosque, Diana 5ºB


Título: Un lugar no bosque
Autor: Armando Quintero
Ilustrador: M. Pizcueta
Colección: Seteleguas
Editorial: Kalandraka

O libro trata dunha manada de lobos que viven no bosque.
Lobo Avó ensínalles aos lobos máis pequenos da manada as cousas importantes das súas vidas. 
A Lobo Pequeno gústanlle as estrelas e intercambiar cousas, e a Loba Pequena regalar.
Gabriela era a filla do gardabosques, é moi amiga de Lobo Pequeno, así que cando trasladaron ao seu pai botáronse moito de menos.
O personaxe que máis me gustou foi Lobo Avó, é vello e sabio, conta contos cheos de imaxinación. Gústame porque os seus contos son divertidos e os comparte con todos os animais do bosque.
A miña parte favorita foi cando Lobo Avó morreu, dicía frases moi interesantes e moi importantes. E gustoume moito o libro.
DIANA 5ºB

0 comentarios:

Publicar un comentario