Lecturas 5º: O brillo dos elefantes, Pablo 5ºA


Título: O brillo dos elefantes.
Autor: Fran Alonso
Ilustrador: Enjamio
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

o libro vai sobre un centroamericano que vive na aldea de Matagalpa coa súa avoa e a súa nai Mirta. A aldea está chea de volcáns e lagos, pero apenas hai para comer.
Tamén hai un profesor da escola que se chama Taquín, que recita un montón de poemas cando se inspira.
Ademais o neno lle ten medo a moitas cousas commo a noite, porque se escoitan balas, gritos e moitas cousas máis. Ao neno de maior lle gustaría ser como o profesor da escola Taquín.

O personaxe que máis me gustou foi o profesor Taquín porque el sempre lle encontra solución ás cousas, e tamén porque me encanta como le e recita os poemas dos outros escritores. E, sobre todo, o que máis me gustou del foi que lle axudou ao neno a superar os seus medos.

O libro me gustou moito. A miña parte favorita foi cando o profesor Taquín recita os poemas, por como os pronuncia, como os le, como os recita. Unha parte que tamén me gustou foi como o neno supera todos os seus medos.
PABLO 5ºA

0 comentarios:

Publicar un comentario