12/2/12

Que é? Onde está?

Parece que a última foto resultou algo máis difícil, pois só temos tres acertantes: Brais Lagoa, Gabriela e Xavi Fdez. Curra (Ed. Infantil 5 anos). Ademais todos aportaron algúns datos sobre esta escultura.
Atópase situada na Alameda Vella e leva por título "A volta do mar", unha obra feita polo escultor Xoán Piñeiro no ano 1952. Parece ser que hai outra igual, pero feita en bronce, nos xardíns do castelo de Soutomaior. 
A escultura representa a volta do mar dun mariñeiro e capta o momento no que se atopa coa súa muller e o seu fillo. Segundo Xavi, a súa avoa chamáballe a estatua da fame, porque o mariñeiro trae a cesta baleira.



Estade atentos, pronto haberá outra foto para adiviñar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario