7/2/12

Aniversario Charles Dickens

Hoxe celebramos o 200 aniversario do nacemento dun famoso escritor inglés: Charles Dickens.



Charles Dickens naceu en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812. Foi un famoso novelista inglés que tivo unha grande popularidade e aínda hoxe se editan continuamente os seus relatos e novelas. Dickens foi e sigue sendo considerado un ídolo literario por escritores de todo o mundo.
O pai de Charles, John Dickens era oficinista, pero era un home moi irresponsable administrando o seu diñeiro. Cando os problemas económicos da familia aumentaron o seu pai foi enviado á cárcere debido ás débedas, por iso Dickens, con 12 anos, empezou traballar nunha fábrica. Esta infeliz infancia influíu moito nas súas obras.
Anos máis tarde puido regresar á escola e converteuse en periodista. Nestes anos vivindo en Londres chegou  coñecer moi ben a cidade e isto queda reflectido nas súas novelas.
As súas obras máis importantes: Oliver Twist, Conto de Nadal, David Copperfield, Grandes esperanzas, Historia de dúas cidades, A pequena Dorrit,
Morreu en 1870 á idade de 58 anos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario