Despois os preparamos para recitar na Biblioteca, na actividade O Rincón de Buli.
A PRIMAVERA
Ábrese un gromo,
sae unha flor.
A primavera
ole a calor.
sae unha flor.
A primavera
ole a calor.
Todas as plantas
falan de amor.
Sol,
Sol,
choiva,
vento,
néboa,
néboa,
color
Primaveriña...!
Que ledo estou!
Primaveriña...!
Que ledo estou!
O VERÁN
O sol sol sol
quentaba
na horta.
O sol sol sol
queimaba
na porta.
O sol sol sol
cabelos
de ouro.
O sol sol sol
gardaba
un tesouro.
O sol sol sol
O sol lacazán
anuncia o verán
O OUTONOO INVERNO
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Lostrega no ceo,
lostrega na praza.
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Vai frío no ceo,
vai frío na praza.
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Chuvisca no ceo,
chuvisca na praza.
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita,
que toca o inverno
fermosas sonatas
Antonio García Teijeiro
Se queredes ver máis fotos da actuación no Rincón de Buli, visitade o blog da Biblioteca:
http://moradabuli.blogspot.com/
http://moradabuli.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario