12/4/11

O rincón de Buli

Seguimos coas actuacións na Biblioteca. Os alumnos de 3ºB son os máis participativos e están triunfando.
O Pasado xoves 24 de marzo actuaron Darío e Brais Lagoa, dando un concerto musical. Cada un deles tocou dúas pezas musicais, Darío tocando o violín e Brais a guitarra. Foi un concerto moi bonito e moi aplaudido por todos.








E o xoves 7 de abril tocoulle o turno a David e Brais Pérez. Axudados por varios compañeiros contaron un conto moi divertido "La hormiguita que iba a Jerusalén", e con efectos especiais!





1 comentario:

  1. José Antonio o profe de primeiro16/4/11, 21:49

    Felicidades por todo o traballo que estades levando a cabo. Paréceme unha idea brillante que cada un deles teña o seu propio caderno virtual en forma de blogue. Penso que deberíades explotar mais ese camiño, pois podería ter un efecto moi positivo no proceso de normalización da lingua, creando o hábito de utilizar o galego, por escrito e oralmente, nun campo tan aberto e no que van pasar tanto tempo diario das súas vidas como é internet.
    Parabéns Geni.
    Enlázovos xa no blogue do colexio.

    ResponderEliminar